Vigo al minuto

Oficina de Dereitos Sociais de Coia denuncia “trampas” na concesión do ‘cheque social’ do Concello

Colas-Concello11Na última asemblea da ODS-Coia varias persoas denunciaron que ficaban sen o “cheque social” após madrugar para facer colas, entregar unha chea de documentación ou agardar meses.O venres 11 de decembro varias veciñas recibían notificacións nas que se lles indicaban os motivos da denegación: na maioría dos casos estas viñan “por superar ingresos máximos”.

A bases da convocatoria de 2015, asegura a Oficina de Dereitos Sociais de Coia “eran extremadamente restritivas no que aos ingresos máximos da unidade familiar se refire”. Así, indican, por exemplo, unha familia de 4 membros non podía superar os 450 €/mes, unha de 5 os 500 € ou unha de 6 os 550 €.

A maiores disto, “as bases non especifican o período de tempo ou o momento no que se van computar eses ingresos máximos, nin se se vai facer unha prorrata ou unha valoración de ingresos medios” o cal, a xuizo da ODS-Coia, esta indefinición é totalmente deliberada e consciente”, para poder “deixar fóra” das axudas a un bo número de familias: 1.200 solicitudes denegadas, de 3.000 presentadas.

Esta asociación afirma que, á vista das resolucións, o Concello realizou un exercicio “perverso” no que buscaron os momentos, os meses ou os periodos nos que as solicitantes superaron eses ingresos máximos permitidos. “Atopámonos con familias que durante meses non chegaban a eses límites e que, porén, de xeito puntual si os superaron. E a axuda se lles denega en base a isto”.

Ademáis, a asociación denuncia o atraso na resolución das axudas, que fixo que o Concello requirise de nova documentación económica aos solicitantes, de xeito que” se ampliaron os meses para buscar e utilizar o momento concreto (incluso posterior á propia convocatoria) en que as familias tiveron máis ingresos”.

Fronte a isto, a Oficina esixe a repartición da riqueza de todas. “Os mínimos para unha vida digna teñen que estar garantidos, é dicir: vivenda, alimentación, luz-auga-gas, o que moitas chamamos Renda Básica das iguais”.

También te puede interesar