Cultura Vigo al día

Nais e pais de alumnos de Vigo mandan un libro de texto a cada deputado de Galicia para pedir a volta á gratuidade universal

Foanpas2Hoxe, luns 21 de decembro, a Federación de Pais e Nais e Pais de Alumnos de Vigo (FOANPAS) fará chegar a todos os parlamentarios e todas as parlamentarias de Galicia un agasallo simbólico, un libro de texto a cada un.

Estes libros foron retirados en perfecto estado, “polo que a través deste bonito detalle, queremos visibilizar o despilfarro de cartos en libros de texto. Cada libro vai acompañado dunha historia que resume a vivencia do mesmo”.

Foanpas1Foanpas reivindica, deste xeito, a volta á gratuidade universal en “sistema de préstamo dos libros de texto e un uso racional destes manuais educativos”.

También te puede interesar