Vigo al minuto

A PAH VigoTui sairá o luns á rúa cun ‘5’ de tres metros de alto para presentar as súas demandas antes das Eleccións

IMG_5998Este luns, día 14, ás 6 da tarde a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) Vigo-Tui convoca un acto no cruzamento de Urzáiz con Vía Norte, na que presentarán as súas 5 demandas aos partidos que se presentan ás Eleccións do día 20: Dación en Pagamento retroactiva; Aluguer Social; STOP Desafiuzamentos; Vivenda Social (Parque Público da Vivenda) e Suministros Garantidos.

Os membros da PAH farán unha ruta que pasará por diante das sedes do PP e do PSOE nun “acto pacífico e interpelativo”, repartindo dípticos e pegatinas.

A PAH quere conseguir “visibilizar que temos 5 demandas de mínimos e urxentes para acabar coa gravísima urxencia habitacional e que os partidos teñen que aplicalas”; que as persoas saiban que “PP, PSOE e Cidadáns non inclúen as nosas demandas nos seus programas” e pedirlles que “rectifiquen”.

Durante a súa acción os membros da PAH levarán un ‘5’ de preto de 3 metros de altura que simboliza as súas propostas que difundirán nas redes sociais mediante o hashtag #As5delaPH.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.