Galicia

O Goberno de Galicia adxudica 6 vivendas, tres delas en Vigo, a persoas en situación de emerxencia

imagesA Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar de forma directa seis novas vivendas na provincia de Pontevedra para destinar a casos considerados de emerxencia social. Dúas das casas adxudicadas se corresponden con casos de violencia de xénero e as seguintes a casos de necesidade urxente de vivenda.

Unha das vivendas adxudicadas en Vigo foi cedida ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) pola Sareb, mentres que as outras cinco -dúas en Vigo e as tres restantes en Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Pontecesures- foron cedidas por Abanca.

Todas as entregas realizáronse en réxime de aluguer social no marco dos respectivos convenios polos que as entidades ceden ao Instituto Galego da Vivenda e Solo inmobles baleiros da súa propiedade para destinalos a aluguer social de afectados por execucións hipotecarias ou impago do alugueiro e para outros casos de emerxencia social.

Os inmobles foron visitados polos interesados antes de iniciar o proceso de adxudicación, para que desen a súa conformidade. Posteriormente, realízanse os arranxos necesarios, no caso de que a vivenda os precise, para que á entrega de chaves se atope nas condicións de habitabilidade óptimas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.