Galicia

Axentes da Policía Nacional chamados a concentrarse este xoves en toda Galicia para denunciar a falla de persoal e de medios materiais

Comisaría de Policía de Vigo (ARQUIVO)/Tresyuno Comunicación
Comisaría de Policía de Vigo (ARQUIVO)/Tresyuno Comunicación

Axentes da Policía Nacional están convocados este xoves polo Sindicato Unificado da Policía (SUP) a concentrarse diante da sede das subdelegacións do Goberno das catro provincias galegas (ás 11 da mañá) para esixir máis medios materiais e máis efectivos para poder facer o seu traballo.

O SUP denuncia unha falla «importante» de material, posto que máis da metade dos axentes non teñen un chaleco interior personalizado; tamén advirten de que non teñen á súa disposición armas non letais-entre a pistola e os medios de defensa- e critican a falla de persoal.

O sindicato sinala que comisarías como a de Vigo non teñen a diario o número de efectivos que precisan e que os postos de traballo que existen están mal dimensionados e son claramente insuficientes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.