Galicia

Ata metade do ano que ven non se estabilizará a venda da vacina da Meninxite B nas farmacias galegas

VacinaSegundo dixo este mércores a presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, ata metade do ano que ven non haberá un subministro regular da vacina da Meninxite B nas farmacias. A preguntas dos xornalistas, Alba Sotelo respondeu que hai un problema de desabastecemento pola «alta demanda» da vacina.

Sotelo indicou que na actualidade todo segue igual e que o subministro é o mesmo que no mes pasado e que ata o segundo trimestre de 2016 non se estabilizará dado que cando se aprobara que a vacina se dispensase nas farmacias non agardaban tanta demanda, unha circunstancia que sorprendeu tamén aos laboratorios que terán que incrementar a súa produción.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.