'Qué te cuentas?'

A Deputación abre delegación en Instagram

InstagramA Deputación de Pontevedra, como xa fixera a de Lugo ten, deste venres, conta en Instagram para pendurar fotografías e infografías d os programas e as actividades que está a levar a cabo, é @deputacionpontevedra.

A presenza da Deputación de Pontevedra en outras redes sociais, tal e como subliñou Carmela Silva, “ten un crecemento imparable, acadando xa os 50.000 seguidores, dos cales 26.089 seguen á institución en Facebook, 22.757 en Twitter e 1.154 en Youtube”. Para a presidenta, moi activa en Twitter, “as redes sociais son unha ferramenta fundamental para trasladar a nosa visión do novo goberno da Deputación” e,ademáis, para manter unha relación directa cos usuarios mediante mensaxes públicas e privadas que funcionan como centro de atención á cidadanía.

Na conta @deputacionpontevedra de Instagram divulgaranse, cunha frecuencia inicial de entre tres e seis publicacións semanais, as actividades, eventos e plans que a institución provincial está a levar a cabo, con capturas da actividade da Deputación nos 62 concellos da provincia. Ademais, @deputacionpontevedra incluirá os contidos relacionados co Museo de Pontevedra e compartirá imaxes doutros usuarios de Instagram coa finalidade de aportar diferentes perspectivas e puntos de vista sobre un mesmo acontecemento.

También te puede interesar