Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Dous doutores de Vigo, premio da Sociedade de Médicos Residenciais por un estudo sobre coidados paliativos

MansDous profesionais adscritos ao Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes -CRAPD- de Vigo 1, veñen de recibir o primeiro premio na categoría de ‘Mellor comunicación’ do XV Congreso Internacional da Sociedade Española de Médicos de Residencias (SEMER). Este galardón científico de carácter estatal foi outorgado polo traballo sobre coidados paliativos realizado polos xerontólogos e doutores en xeriatría Cesáreo López Vidal e Javier Pérez Martín -pertencentes ao CRAPD- e mais Andrés Vázquez Piñeiro. O estudio leva por nome ‘Actividade Clínica Paliativa nun Complexo Residencial Sociosanitario: necesidades de Formación en Coidados Paliativos’.

Os especialistas gañaron este galardón tras a votación dos 400 congresistas que asistiron ao congreso e superou ás outras propostas de máis de 50 expertos de recoñecido prestixio nacional e internacional que participaron nesta edición. O premio recibido recoñece a labor do CRAPD de Vigo na atención en paliativos realizada nos seus 26 anos de existencia.

O estudio é unha completa investigación sobre a situación pasada e presente e aspectos e necesidades en coidados paliativos e evidencia a necesidade de formación en coidados paliativos para os profesionais que prestan este tipo de atención e a ruptura que se precisa na sociedade co tabú, estereotipos negativos e falsos mitos que rodean a este tipo de coidados.

O estudio realizouse integramente no CRAPD de Vigo mediante a análise estatística de 1.775 Éxitus (procesos de final de vida) e a súa relación coa idade, permanencia e supervivencia ao ingreso. Os obxectivos do estudio centráronse na análise da mortalidade desde a apertura do Complexo Residencial así como a investigación dos Éxitus dun período de 28 meses en relación con enfermidade terminal e cuantificación das medidas paliativas que recibiron. Tamén se levou a cabo o estudio da farmacoterapia paliativa prescrita e administrada.

O CRAPD ten unha ocupación de 407 usuarios cunha idade media de 83,81 anos. Rexistráronse 1.775 defuncións desde o inicio da actividade, en 1988. Entre os resultados máis significativos do estudio constatouse un incremento da idade media da defunción (de 80,13 anos en 1989 a 86,68 anos en 2014), así como un incremento da supervivencia ao ingreso (de 802 días en 1993 a 1.310 días en 2014).

También te puede interesar