RGPD - Cookies
Galicia

Demiten os membros do Comité de Ética da Deputación de Ourense que estudaban o ‘caso Baltar’

BaltarOs membros do Comité de Ética da Deputación de Ourense, presentaron a súa demisión. Hai que lembrar que este órgano estaba estudando a denuncia presentada por unha muller contra o presidente deste organismo provincial, José Manuel Baltar, por ofrecerlle, supostamente, un emprego a cambio de sexo.

Os xa ex membros do Comité de Ética non fixeron públicos os motivos da súa renuncia, que reflectiron nunha acta da súa última xuntanza, e que foi enviada ao presidente da Deputación e á muller que o denunciou e que, si a dirección do organismo provincial o estima convinte, pode decidir a súa difusión.

También te puede interesar