Comarcas Vigo al minuto

O Goberno de Galicia autoriza unha nova liña de bus dende Cangas e Moaña ao Cunqueiro

Uno de los buses que llega al Cunqueiro (ARCHIVO)/Tresyuno Comunicación
Uno de los buses que llega al Cunqueiro (ARCHIVO)/Tresyuno Comunicación

O Goberno galego vén de autorizar a ampliación de tráficos da empresa Transportes La Unión, que presta servizos dende Cangas e Moaña a Vigo. Neste sentido, increméntase o seu percorrido, dende Bouzas ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Trátase de tres servizos de luns a venres laborables que pasan por Cangas ás 08:35, 09:15 e 16:00 cara ao hospital e volven a Moaña e Cangas ás 11:45, 13:00 e 20:15 horas.

Estas liñas súmanse ás xa autorizadas en xullo e setembro e en servizo directo a 20 concellos ademais de Vigo, co que o novo hospital contará con transporte dende 23 concellos coa posta en marcha desta nova liña.

También te puede interesar