Segundo un estudo sobre ocupación difundido por Adecco, todos os empregos creados en Galicia no último ano foron temporais. Exactamente, dacordo cos datos deste informe, nos pasados 12 mess o número de asalariados temporais medrou en 30.600 persoas, un 15,7%, mentres que se perderon 4.300 empregos fixos.
Esto fai de Galicia unha das sete cumunidades nas que dimunuiu o número de empregados indefinidos e, hoxe, das 821.300 persoas que traballan por conta allea, 595.600 teñen contratos indefinidos e 225.800, contratos temporais: o 27,5% dos traballadores ten un contrato temporal, 3 puntos máis que hai un ano.