Vigo al minuto

O alcalde anuncia o pago “inmediato” de axudas de emerxencia a 1.828 familias

Colas en el Concello para solicitar las ayudas (ARCHIVO)
Colas en el Concello para solicitar las ayudas (ARCHIVO)

O alcalde anunciou este luns da finalización do procedemento de tramitación técnica de análise e concesión do Programa de Axudas Extraordinarias a Familias, dotado de 2 millóns de euros, que o goberno local destina ás familias que o precisan para que poidan afrontar o pagamento de hipotecas, do subministro de enerxía e de alimentación, a coñecida como “tarxeta da dignidade”.

Abel Caballero adiantou que hoxe asinouse a proposta técnica deste proceso, que será aprobada en Xunta de Goberno e que ten un importe total de 2 millóns de euros. “Concedemos 1.828 axudas, polo tanto son 1.828 familias que reciben axudas para pagar as súas hipotecas, os seus alugueres ou para pagar o subministro eléctrico de gas ou a súa alimentación”. Dende este momento, a proposta segue os pasos establecidos pasando á intervención municipal para ser aprobada a continuación pola Xunta de Goberno Local.

Caballero sinalou que o Concello tramitou “3.000 axudas e houbo que analizalas unha a unha en detalle, facendo a valoración para poder ser asignada; un traballo ímprobo, importante” e anunciou que as axudas se van pagar “de forma inmediata”.

También te puede interesar