Galicia

Paran ao conselleiro de Sanidade e pregúntanlle ¿”cantas mortes necesitan para poñer a vacina da meninxite?”

AlmuiñaVarias persoas pararon este venres, en A Coruña á saída dun acto, ao conselleiro de Sanidade e preguntáronlle “¿cántas mortes necesitan para que a vacina da maninxite esté no calendario oficial?”. Vázquez Aluiña parouse a falar con membros da Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública e, como pode verse no vídeo pendurado pola devandita coordinadora en Internet unha muller pregunta “¿cantas mortes necesitan para poñer a vacina?”

A muller falaba da morte do cativo dun ano, en Boiro, por meninxite, e que non estaba vacinado. Vázquez Alumuiña lamentou a morte do pequeno e pediu agardar aos informes científicos para meter a vacina no calendario sanitario.

Os membros da Plataforma respostan que non a queren poñer porque “é unha política de recortes” e lembranlle ao conselleiro que sí que teñen a vacina no seu calendario. Mentres falan, outra muller dille ao conselleiro que ten varios fillos no paro e non poder pagar a vacina.

También te puede interesar