'Qué te cuentas?'

Usuarios de Teleasistencia subvencionada pola Deputación disfrutan este xoves dunha xornada de lecer

TELASISTENCIA 2Este xoves, 12 de novembro, usuarias e usuarios de teleasistencia dos concellos de Sanxenxo, O Grove, Cambados, Meis, Portas, Ribadumia, Vilanova de Arousa e Barro, gozarán dunha xornada de convivencia e lecer, con actividades lúdicas diversas na Sala Nauta do Concello de Sanxenxo, co obxectivo de que poidan contactar con outras persoas, intercambiar experiencias e romper a rutina diaria.

A Deputación de Pontevedra presta o servizo de teleasistencia domiciliaria, desde o ano 1998, a través dun convenio de colaboración cos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, co obxectivo de mellorar a calidade de vida de persoas que precisan dunha atención continuada, persoas maiores, enfermas e enfermos ou con minusvalía que vivan soas ou persoas que, vivindo acompañadas, teñan as súas facultades moi minguadas para valerse na vida cotiá.

Na actualidade, 47 concellos da provincia de Pontevedra (Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Forcarei, Fornelos de Montes, Agolada, Gondomar, O Grove, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Portas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilanova de Arousa) son os que manteñen un convenio de colaboración polo que, xunto coa Deputación de Pontevedra, cofinancian a teleasistencia domiciliaria atendendo a un total de 406 usuarias e usuarios.

Este servizo permite que os usuarios, con só pulsar un botón e mediante a liña fixa de telefonía, teñan resposta inmediata en canto a situacións de emerxencia no fogar as 24 horas do día e os 365 días do ano, permitíndolles vivir no seu domicilio con tranquilidade e seguridade.

También te puede interesar