Vigo al minuto

Persoal de Dalphimetal/TRW de Vigo mobilízase contra o despedimento de 28 traballadores

2015 11 11 DespidosDalphimetalTRWVigo00O cadro de persoal de Dalphimetal/TRW iniciou hoxe as mobilizacións para rexeitar o despedimento de 28 traballadores e concentrouse ás portas da empresa de automoción situada no polígono vigués do Caramuxo. As rescisións de contrato chegan tras o convenio asinado por CCOO, UGT, CUT e Independentes que a CIG rexeitou. Dende a central nacionalista denuncian que a compañía está a deslocalizar carga de traballo a Portugal a pesar de recibir subvencións públicas.

O presidente do comité, da CIG, explicou que durante a negociación do convenio a empresa trasladou a necesidade de realizar 45 rescisións de contrato, “polo que no acordo final introduciron unha cláusula na que se blindaba os empregados de Dalphimetal España con antigüidade anterior a setembro de 2015”. Pero unha vez asinado o convenio a dirección decidiu traspasar o persoal de Dalphimetal Seguridade a Dalphimetal España, quedando deste xeito sen antigüidade e posibilitando o seu despedimento. “Dez días despois de asinar o convenio os compañeiros comezaron a recibir as cartas de despedimento”, lamenta.

A CIG decidiu non asinar o convenio ao entender que posibilitaría o despedimento de persoal, tal e como agora está a suceder. “Tamén nos opuxemos porque pactaron que tivese unha duración de cinco anos e contemplaba unha redución salarial, a excepción dos últimos dous anos, nos que se aumentarían os soldos un 1,5 e un 2%”. Ademais, o acordo establece que a empresa pode facer novas contratacións pagando 1.200 euros anuais menos a cada traballador. “Dixemos que non porque hai que lembrar que no anterior convenio xa se pactara o despido de 120 persoas”.

Dende a central indican que os representantes da compañía intentaron acordar co comité (5 delegados da CIG, 3 de CCOO, 2 da UGT, 2 de Independentes e 1 da CUT) as rescisións dos 28 contratos, “pero nós opuxémonos e instámolos a que conseguisen carga de traballo e deixasen de deslocalizar produción a Portugal, onde teñen xa tres fábricas; pero seguen a derivar traballo fóra de Galicia a pesar de que reciben subvencións públicas”.

Diante disto, o comité de empresa manterá mañá unha xuntanza para deseñar un calendario de mobilizacións que incluirá protestas diarias diante das instalacións da empresa e o sábado convocará unha asemblea de traballadores na que se proporá a convocatoria dunha folga indefinida.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.