Galicia

#ninundiamáis pide nas redes sociais o cesamento de Baltar como presidente da Deputación de Ourense

5639d33100c71-ninundiamaisO manifesto #ninundíamáis asolaga, dende este mércores, as redes sociais para esixir o cesamento de José Manuel Baltar como presidente da Deputación de Ourense “despois dos descarados exercicios de nepotismo exercidos pola súa familia nas últimas décadas”, nos que a denuncia dun presunto ofrecemento de traballo a cambio de sexo, din, é “unha nova volta de rosca”.

Segundo as persoas que impulsan a iniciativa, “as gravacións que saíron á luz recentemente amosan o señor Baltar mantendo conversas nas que dá proba de prácticas absolutamente desprezables dende o punto de vista ético”.

A xuizo dos impulsores de #ninundiamáis, calquera intento de Baltar por limpar a súa imaxe a través de códigos éticos ou auditorías, “non son máis, que unha carreira cara a adiante para evitar por todos os medios o coñecemento de que exerce dende o seu cargo condutas indignas dun representante público e faino en beneficio propio”.

También te puede interesar