Sucesos Vigo al minuto

Xa son 9 os detidos na ‘Operación Jairo’ contra o independentismo galego

Concentración en Príncipe, este venres/Tresyuno Comunicación
Concentración en Príncipe, este venres/Tresyuno Comunicación

A Garda Civil detivo xa a 9 persoas en distintos concellos de Galicia durante a ‘Operación Jairo’, contra a contorna de ‘Resistencia Galega’. Segundo o instituto armado, os detidos son os dirixentes de ‘Causa Galiza’ e están acusados de “enaltecemento do terrorismo”. Na operación, sempres segundo fontes da investigación, os axentes entraron en 9 casas dos detidos e no local da organización.

Entre os detidos está o ‘histórico’ Antón Arias Curto, de 71 anos, que dende hai preto de 40 está vencellado ao independentismo e que xa fora condeado noutras ocasións a máis de 20 anos de cadea.

A súa primeira detención foi en 1980, cando militaba na Loita Armada Revolucionaria (LAR), no xuizo posterior foi condenado a oito anos de cárcere; cando saiu da cadea entrou no Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive: foi detido en 1988, condeado e posto en liberdade en 1995.

Logo das detencións, grupos independentistas convocaron distintas concentracións en varios puntos de Galicia, entre eles o MARCO, en Vigo, onde amosaron o seu apoio aos arrestados con berros como “non pode ser, patriotas na cadea e corruptos no poder”.

También te puede interesar