Galicia

O alcalde de O Barco de Valdeorras será nomeado este venres presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias

Alfredo García, novo presidente da FEderación de Municipios e Provioncias de Galicia, xunto a Abel Caballero, presidente da Federación Española de Municipios, nun acto en VIgo (ARQUIVO)/Tresyuno Comunicación
Alfredo García, novo presidente da FEderación de Municipios e Provioncias de Galicia, xunto a Abel Caballero, presidente da Federación Española de Municipios, nun acto en VIgo (ARQUIVO)/Tresyuno Comunicación

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) reúne este venres a súa IX Asamblea que inicia un novo mando coa designación do socialista Alberto García, alcalde de O Barco, como novo presidente.

Segundo a fórmula de designación da súa directiva, logo dos 50 votos que gañan os socialistas tras recuperar a Presidencia da Deputación de Lugo, dan a o PSdG-PSOE máis de 700 o que garante a elección do rexedor de Valdeorras.

Entre as peticións da nova directiva deste organismo están o cambio da fórmula de reparto de participación nos  ingresos del Estado, de xeito que se consideren criterios como superficie e envellecemento para acabar cos actuáis desenquilibrios.

Tamén se pedirá ao Estado unha ‘flexibilización’ no que se refire a teito de gasto, débeda e contratación de persoal, ademáis da aprobación dunha lei de Facendas Locais de Galicia, consensuada coa Fegamp.

Ademáis, o organismo local estudará distintas vías para aumentar a participación vecinal nos asuntos da vida pública e aumentar a transparencia para garantir que os cidadáns poidan ter acceso á información pública.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.