Vigo al día

Os traballadores da Sanidade Pública de Vigo seguirán coas mobilizacións ata que o conselleiro Almuiña atenda as súas demandas

Hospital Álvaro Cunqueiro
Hospital Álvaro Cunqueiro

Seguirán as mobilizacións. Ese foi a mensaxe da Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). Nunha rolda de prensa convocada este xoves no Hospital Álvaro Cunqueiro, que as protestas serán graduais coincidindo co avance das negociacións co novo conselleiro de Sanidade.

Jesús Vázquez Almuiña xa tivo dúas xuntanzas cos traballadores nas que solicitou aos seus representantes un prazo de dúas semanas nas que únicamente comprometeuse en atender as reivindicacións dos celadores– un acordo que estos ratificaron onte en asamblea- e a rebaixar os prezos do aparcamento.

Posto que non houbo máis avances, o persoal deu de prazo a Almuiña ata o día 10, o 11 de novembro, ás 11 da mañá convocaron unha concentración no Cunqueiro, o 12, ao mediodía, no Meixoeiro e o 15, domingo, unha marcha dende As Travesas ata o novo hospital.

As reivindicacións dos traballadores son a gratuidade do aparcamento, o aumento da plantilla e mellorar a estructura de Urxencias.

También te puede interesar