Galicia

Este é o teu presidente: Feijóo di que Baltar non delinquiu porque a muller que o denunciou “non conseguiu o emprego na Deputación”

Feijóo hoxe
O presidente Feijóo hoxe

O presidente Feijóo asegurou este xoves, logo da xuntanza semanal do Goberno de Galicia, en relación coa denuncia a Baltar por ofrecer un emprego na Deputación de Ourense a cambio de sexo que “o que pretendía a denunciante, un emprego na Deputación non se conseguiu” e, por iso Baltar “non delinquiu, eso é constatable”.

O xefe do executivo galego pediu que se agarde á decisión da Fiscalía en relación coa denuncia presentada pola muller e non quixo facer valoración algunha sobre as grabacións realizadas por ela nas que Baltar se gaba de poder conquerirle un emprego ou de poder cambiar as calificacións nas oposición aos empregos públicos da Deputación de Ourense.

 

También te puede interesar