Galicia

Tráfico inicia este luns, en Galicia, unha vixianza intensiva nas estradas convencionais

TráficoEste luns, día 19, Tráfico inicia unha campaña especial de vixianza nas estradas convencionais de Galicia, campaña aumentando os controis neste tipo de vías.

Segundo Tráfico, hai catro factores que inciden, especialmente, nos accidentes: a velocidade, conducir logo de consumir alcohol e drogas, non levar o cinto de seguridade e distraerse ao volante.

Por todo iso, os axentes, prestarán especial atención á velocidade, incrementarán os test de alcohol e drogas, vixiarán os sistemas de seguridade-cintos e cadeira para nenos- o uso do móvil ao volante e a conducción indebida, principalmente aos adiantamentos.

A Delegación del Gobierno en Galicia subliña que a maioría dos accidentes con víctimas prodúcense en vías urbanas e o maior número de mortos e feridos graves se rexistran nas estradas convencionais: o ano pasado, o 38,38% dos accidentes con mortos foron en vías interurbanas, nas que perderon a vida o 74% dos mortos en accidente de tráfico, 1.240.

Hai que lembrar que en 2014, nesta mesma campaña, a Garda Civil de Tráfico controlou 81.650 vehículos e denunciou a máis de 3.000 conductores, so en Galicia.

También te puede interesar