Comarcas

O goberno local do Porriño aproba o pago de 48.400 € a 13 asociacións veciñais do concello

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, durante a sinatura, no seu despacho, dos convenios con asociacións locais
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, durante a sinatura, no seu despacho, dos convenios con asociacións locais

O goberno local do Porriño aprobou o pago de 48.400 € a 13 asociacións culturais e veciñais do concello, dacordo coas axudas nominativas as mesmas recollidas nos orzamentos para este ano 2015.

Como salienta o concelleiro de Facenda, Raúl Francés, “estas cantidades, abranguidas nos convenios asinados entre o Concello e estas entidades serven para sufragar servizos que estas asociacións prestan, esencialmente no eido rural e, fundamentalmente, referidas ao ámbito cultural e, principalmente, social”.

Francés amosa a súa sorpresa polo feito de que este ano estas axudas estaban ainda sen otorgar, “cando estas asociacións, que representan a forza do mobimento asociativo do Porriño, necesitaban estas cantidades a principio de ano para poder desenrolar o seu traballo” o cal cualifica de “deixadez sen xustificación”.

Como xa adelantara a alcaldesa, Eva García de la Torre, o goberno local ten intención de persistir e incidir na liña de colaboración con estas entidades, “dada a laboura que desenrolan que, en moitos casos é fundamental para os porriñeses que viven nas parroquias”.

De cara ao ano que ven, a intención é, cando se aprobé un novo orzamento, incrementar a cuantía destas axudas, “en especial no que se refire ás asociacións que se ocupan de traballos sociais e culturais e, asimesmo, deseñar un novo modelo de reparto para que as contribucións que fai o Concello sexan máis equilibrada e equitativas”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.