Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Centos de persoas denuncian en Compostela, Lugo, A Coruña e Pontevedra a «desfeita» do Cunqueiro

Urxencias Cunqueiro hai uns días
Urxencias Cunqueiro hai uns días

Centos de traballadores e pacientes da Sanidade Pública galega saíron ás rúas de Compostela, A Coruña, Lugo e Pontevedra para denunciar a privatización da Sanidade Pública e denunciar as gravísimas deficiencias, «que amosan que é así: que queren que acabemos marchando ás clínicas privadas», do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Os voceiros das Mareas Brancas sinalaron que o Goberno de Galicia está privatizando a sanidade en cada centro de saúde, de atención Primaria, en cada hospital, «faino pouco a pouco, cunha laboura constante e calada, que agora fíxose perfectamente visible no Cunqueiro, no que se ve como empresas privadas deciden qué hai que darlle de comer a un enfermo, cando hai que operalo, o tempo que ten agardar por unha proba ou por un tratamento, qué medicamentos hai que darlle ou si está en Urxencias 12 horas, impoñendo o repago da auga ou do aparcamento».

As mareas denuncian a falla de instrumental nos quirófanos, de material en Urxencias, «ata de guantes, de instrumentos esterilizados, de mantas, cadeiras de rodas», que obrigan aos profesionais a traballar como si estiveran en hospitais de campaña «facendo o imposible por darlles aos doentes unha atención digna e sufrindo unha presión insoportabel».

Ao xuizo dos profesionais, que o presidente Feijóo despedise á anterior conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, para poñer no seu posto a Jesús Vázquez Almuíña, só foi para non verse salpicado pola xestión que él mesmo apoiou e que fíxo que se incrementaran as listas de espera, que os enfermos teñan que pagar por estar enfermos, que os medios para atender aos pacientes sexan «mexerentos» e que por culpa da mesma «haxa xa mortes».

«Isto só é unha operación de maquillxe porque Almuiña, ainda que tivese toda a boa intención do mundo, non vai poder decidir ningún cambio real na política deseñada por PP e por Feijóo de desmantelamento da Sanidade Pública para que quede como a sanidade dos pobres».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.