Vigo al minuto

O Concello quere alugar «20 ou 25 fincas particulares» preto do Cunqueiro para ampliar o aparcadoiro municipal

Coches estacionados preto do Cunqueiro/Tresyuno Comunicación
Coches estacionados preto do Cunqueiro/Tresyuno Comunicación

O goberno municipal ven de falar con os donos de varias fincas situadas ao carón do Hospital Álvaro Cunqueiro para alugarlles os terreos e ampliar o que será o aparcamento municipal.

Segundo dixo este venres o alcalde, ademáis das 1.000 prazas que quere o Concello que haxa-500 nunha primeira fase e a mesma cantidade, nunha segunda, todas elas en terreo municipal- a intención é alugar «20 o 25 fincas particulares» preto do Álvaro Cunqueiro, para ampliar o número de aparcadoiros en «outros 500 ou 700 máis», segundo salientou Caballero.

O alcalde afirmou que a conexión coa VG-20 estará garantida polo propio Concello e, dende alí, habera que ter o permiso do hospital para que os coches poidan ir desde o mesmo ao aparcamento municipal. Ademáis, Abel Caballero asegurou que xa están en marcha o trámite paa modificar o uso do chan municipal para empezar as obras do aparcadoiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.