Vigo al minuto

Caballero anuncia a construcción dun quilómetro de beirarrúas preto do Cunqueiro ante os «problemas de seguridade»

Peóns fronte ao HOspital Álvaro Cunqueiro/Tresyuno Comunicación
Peóns fronte ao Hospital Álvaro Cunqueiro/Tresyuno Comunicación

Ante os problemas de tráfico e seguridade detectados no entorno do Hospital Álvaro Cunqueiro, o alcalde anunciou este xoves a decisión do goberno local de limitar a 40 km/h a velocidade entre as dúas rotondas do entorno mesmo, construir un quilómetro de novas beirarrúas na Avenida Clara Campoamor e habilitar novos pasos de peóns. «Estas tres medidas xa están decididas», apuntou este xoves o Abel Caballero, quen avanzou un estudo en detalle de novas propostas para a próxima semana.

A xuizo de Caballero, o novo hospital se abríu de forma «acelerada e precipitada» e en consecuencia «non está preparado, nin dentro nin no entorno». O alcalde ve «incapacidade» no Goberno de Galicia pare facerlle fronte e avanzou que «nós imos a actuar», con medidas de tráfico e seguridade no entorno do centro sanitario.

“¿Se dan vostedes conta?, ao final quen ten que estar resolvendo os problemas da inacción do Goberno galego é o Concello, en todo: en tráfico, en aparcamentos, en seguridade», concluiu.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.