Comarcas

A alcaldesa de Porriño compromértese a que o 95% do saneamento esté rematado este mandato

Eva García de la Torre durante o encontro cos veciños
Eva García de la Torre durante o encontro cos veciños

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada polo primeiro teniente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, e o responsable da Área de Limpeza, Parques e Xardíns e Tráfico, Orlando Márquez e o responsable de Facenda, Raúl Francés, empezou este mércores a cumprir o compromiso, adquirido durante a campaña electoral, de manter contacto periódico e permamente cos cidadáns.

A primeira das parroquias que visitou foi a de Budiño, acudindo ao Centro Social A Forna, a un encontro con decenas de vecinos que poideron plantexarse todas as súas preocupacións, problemas e necesidades.

Eva García de la Torre salientou que “no goberno municipal traballamos para vos” e enfatizou que os porriñeses que viven nas parroquias “tedes o mesmo dereitos aos mesmos servizos que teñen os que vivan no centro. Se credes que non estamos facendo o que debemos, tedes que vir ao Concello e decinolo”.

A alcaldesa lembrou que as parroquias son “as grandes olvidadas e que temos a obriga de que teñan boas comunicacións, de que se tramiten axiña as licenzas ou que haxa mellor aceso a Internet”. García de la Torre repetiu que “a proridade absoluta do gobernó local é o saneamento, un dos grandes problemas que tedes” e comprometeuse a que, ao final deste mandato esté rematado o 95% do mesmo “en todo Porriño”.

Pola súa banda, Manuel Carrera adiantou que “este mesmo xoves empezarán as obras na rotonda e a construcción de beirarrúas, na saída do Polígono de As Gándaras” que, insistiu, estará rematada a finais deste mes, e a vindeira semana unha obra semellante no acceso norte, o máis cercano á ITV.

A alcaldesa e o primeiro tenente de alcalde, adiantaron que se destinarán 169.000 € a obras de saneamento en toda a parroquia, en especial en A Chan, en concreto en A Cruz, Vitureira e Vaqueira, “que abranguirá 150 vivendas e que estará rematada e funcionando en xuño de 2016”. En total, indicaron, o investimento na parroquia en un ano será de “400.000 a 500.000 €”, á marxe das partidas procedentes da Confederación Hidrográfica.

Eva García de la Torre, que según dixeron varios vecinos era a primeira rexedora de Porriño que acudía a Budiño fora dos actos de campaña electoral, respostou durante o coloquio, que nalgún momento foi intenso, a todas as preguntas dos asistentes, ofreceulles explicacións ás súas demandas e animounos a “darnos caña, porque a nosa obriga é traballar para vos e facer todo o que poidamos para darlle solución aos vosos problemas”.

También te puede interesar