Vigo al minuto

O novo conselleiro de Sanidade chamará aos traballadores da Sanidade Pública de Vigo para «sentarse a dialogar»

Almuiña
Almuiña, con el gerente del Área Sanitaria de Vigo, Félix Ruibal, hace unos días en el Cunqueiro/Tresyuno Comunicación

O novo conselleiro de Sanidade está disposto, tal e como demandaron este marters os traballadores en folga do Área Sanitaria de Vigo, a ter unha xuntanza con eles e, neste senso, adiantou que se porá en contacto co Comité de Persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), xa que, «agora, o máis importante é falar e facer un gran proxecto”.

Jesús Vázquez Almuiña, que estivo hoxe en Vigo na toma de posesión do novo delegado do Goberno galego na cidade, afirmou que o seu desexo é que esta “sexa a última folga que haxa na Sanidade Pública” e amosouse seguro de que, en base a ese diálogo “ímolo conquerir”.

Vázquez Almuiña recoñeceu que “é evidente que hai moitas cousas que mellorar, hai que facer correcións, e estamos nesa idea” e salientou o seu convencimento de que “todos os traballadores da Sanidade Pública de Vigo queren que isto salga ben”.

O conselleiro adeantou que, en poucos días, presentará “iniciativas a curto, medio e longo prazo”, sen chegar a concretar cáles serán, asegurando que serán públicas pronto.

Non se amosou tan ‘autocrítico’ o vicepresidente do Goberno galego, quen insistiu, como en declaracións de semanas pasadas en que se demostrou que o novo hospital de Vigo é completamente público, que está funcionando axeitadamente, coas lóxicas dificultades que hai no arranque dunha grande instalación”.

Alfonso Rueda insistiu en que o Hospital Álvaro Cunqueiro traballa a “pleno rendimento”, e pediu que “non haxa demagoxia” e que “se deixe traballar aos profesionais e ao Goberno de Galicia”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.