Poñer o acento da xestión do novo goberno do Porriño nunha “decidida aposta pola solidariedade e a acción social”. Ese é o convencimento, “e o traballo que me ocupa todo o tempo”, da concelleira de Benestar, Soledad Girón, quen subliña que cando chegou ao seu posto, “ainda que coñecía que moitos veciños estaban nunha situación extrema, non agardaba tantas visitas e tantas persoas que estaban vivindo con tanta dificultade”.
Sole fala de persoas “a punto de perder a súa casa, que subsisten con ingresos ínfimos…familias de catro, cinco e seis membros que dispoñen de cantidades que fan casi imposible imaxinar como poden seguir adiante”. A concelleira destaca a importancia de “atender a esas necesidades, que van dende a imposibilidade de pagar o alugueiro o ao hipoteca, ata non poder comprar o mínimo imprescindible, como comida, roupa…pagar a luz, como atopar unha saida, que pasa por dispor dunha casa e conquerir un traballo”.
Todo iso ten que abranguer a laboura do goberno local, “empezando por garantir o esencial: un teito e a comida de cada día”.A iso, repite, foi a que nos adicamos, “primeiro incrementando as cantidades que podíamos dedicar a axudas urxentes, inaplazabeis…como dixo a alcaldesa, esa cantidade pasou dos 25.000 que podíamos gastar nese momento, a 100.000 €”; en segundo lugar, “tentando garantir que ninguén se vise fora da súa casa, para o cal falamos cos bancos, con inmobiliarias, con propietarios particulares que tiñan alugados pisos, para que os seus inquilinos que non podían pagar poidesen seguir neles, e logramos que sete familias…falo de familias, non perdesen o seu fogar”.
Sen datos
Ao mesmo tempo, sen ter información da anterior responsable desta concellería, “porque non me deixou nada, nin unha carpeta, nin unha nota…atopeime cun despacho valeiro…co disco duro do ordenador en branco, sen poder falar con ela, maila que a chamei varias veces”, acometer as necesidades máis urxentes. “Grazas aos datos recabados polo persoal municipal e a colaboración impresionante dos voluntarios de SOS Porriño, poidemos atender a estas familias e empezar a facer o noso traballo… , saber qué nenas e nenos estaban sen comida…sen comida, insisto, e dirixirnos a eles”.
En terceiro lugar, enfatiza Soledad Girón, facer todo isto respectando “a dignidade” porque, insiste, “protexer a dignidade forma parte da laboura social”. Neste eido, a concelleira, “como xa dixo Eva García de la Torre”, quere poñer en marcha, axiña, a Tarxeta da Dignidade, que “permitirá, antes de nada, que calquera veciño do Porriño que esté nunha situación de necesidade poida mercar o que precisa sen ter que pasar vergoña” e, ademáis, fará as sús compras en establecementos da vila, co cal tamén se terá en conta ao comercio local.
Por último, indica Girón, o paso final é axudar a atopar un emprego estable e duradeiro e, neste senso, “a alcaldesa xa deu pasos decididos para rematar con plans de emprego, que consisten en pagar 400 € por facer uns cursos que non ofrecen unha saída laboral, por formar a desempregados en habilidades demandadas polas empresas”.