Galicia

Descende o número de empresas que se crean en Galicia

Empleados-Pórtico
Empregados de Pórtico (arquivo)

A creación de empresas en Galicia descendeu máis dun 19% o mes de agosto, no que se crearon un total de 212 sociedades-por un importe total de 15,6 millóns de euros– dacordo cos datos difundidos este xoves polo Instituto Nacional de Estadística (INE).

Trátase da cuarta maior caída de creación de sociedades do Estado, no que, no mesmo mes, viu medrar o número de novas empresas en preto dun 1,5%.

Polol contrario, o peche de empresas descendeu, o mesmo mes, en algo menos dun 14%-en relación co mes de agosto de 2014. En total pecháronse en toda Galicia 70 firmas, un número que, en porcentaxe, é moito menor que a media do Estado, no que o número de empresas que pecharon medrou un 5,5%.

También te puede interesar