Vigo al minuto

Os celadores invitan ao xerente da Área de Vigo, á conselleira e a Feijóo a pasar un día de traballo con eles

Os celadores están pechados no novo hospital dende o luns/Tresyuno Comunicación
Os celadores están pechados no novo hospital dende o luns/Tresyuno Comunicación

O colectivo de celadores, que dende hai catro días está pechado no novo hospital, ven de invitar ao xerente da Área Sanitaria de Vigo, o doutor Félix Ruibal, á conselleira de Sanidade, a doutora Rocío Mosquera, e ao presidente do Goberno de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a “compartir unha xornada de traballo” con eles no Hospital Álvaro Cunqueiro.

Nunha carta na que califican de “aldraxe” as palabras dos responsables do Servizo Galego de Saúde (Sergas) nas que subliñan que os celadores deben centrarse no “servizo de atención directa aos pacientes”, se preguntan “¿cómo pode un compañeiro ao que lle falta un brazo ou que ten mobilidade reducida, padece unha hernia ou está recuperándose dun cancro realizar unha atención directa ao paciente?”.

O colectivo lembra que “a atención directa supón mobilizar pacientes, levantalos, deitalos, axudar no aseo ou trasladalos en camas ou padiolas”, e para que vexan o que é, conviden a estas autoridades a que compartan un día de traballo na planta de Xeriatría ou Neuroloxía.

Os celadores queren saber qué pretende facer o Sergas cos compañeiros que desenvolvían funcións de traslado de documentos, analíticas ou materiais, funcións que pasaron a ser desenroladas por “unha empresa allea á sanidade pública, con persoal alleo e sen ningunha preparación”. “Se cadra pretenden ter aos nosos compañeriros cos brazos cruzados , dando voltas polo hospita cobrando por non facer nada…¿así xestionan os cartos públicos?”

Ao seu xuizo, todas estas decisións responden a intereses privados e ao feito de que “agora toca facer negocio cos celedores”, tal e como indica o propio Goberno galego, dende xa se indicou públicamente que “hay un contrato asinado que establece que a empresa concesionaria desenrolará todas as tarefas de transporte e loxística”.

Os celadores aseguran que ás autoridades sanitarias galegas “pouco lles importa mellorar a asistencia sanitaria” tendo en conta que, ata agora, eles eran os encargados de realizar todos estos servizos na UCI, hospitalización, Urxencias ou quirófanos e, dende que non o fan e o asimiu a concesionaria, “os servizos funcionan bastante peor”.

También te puede interesar