Vigo al día

O venres empeza, no Auditorio do Concello, ‘VigoCultura’

TEatroEste venres, 2 de outubro, da comezo a programación municipal de artes escénicas, Vigocultura, que se desenvolverá no Auditorio Municipal do Concello, na Praza do Rei, durante os meses de outubro, novembro e decembro.

A artista Guadi Galego será a encargada de inaugurar o ciclo, ás 9 da noite co seu traballo “Lúas de Outubro a Agosto”, que supón a súa confirmación como unha artista non englobada nun xénero determinado senón con selo propio. As súas composicións marcan un son pop, pero cheo da esencia do aprendido do percorrido pola maxia da vida.

Nesta nova tempada o obxectivo é seguir consolidando públicos a través das artes escénicas cos mellores espectáculos de música, teatro e danza que están nestes momentos circulando en Galicia e fóra dela. A programación conta para este derradeiro trimestre do ano cun total de 19 funcións, que abarcan diversos xéneros como a música pop, a música de autor, teatro dramático, contemporáneo, musicais, comedia, danza contemporánea e hip hop, dentro do ciclo dirixido ao público adulto, e a música, teatro, musicais, clown, circo, monicreques, danza e maxia, dentro do ciclo dirixido a público familiar.

O prezo de entrada dos espectáculos para público adulto, como neste caso, é de 6 € para os de danza e música e 8 € para os espectáculos teatrais, e as dos espectáculos dirixidos a público familiar terán un prezo de 5 € . As entradas podense adquirir anticipadamente a través do servizo de Ataquilla, no teléfono 902.504.500 ou no despacho de billetes da Central de Espectáculos, ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do seu comezo, no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

Existe tamén a posibilidade de abonos en paquetes de 5 ou 10 espectáculos, con importantes descontos do 15 e 25 % respectivamente.

También te puede interesar