Galicia

Admitidos 553 aspirantes nas oposición a 11 novas prazas para o control de finanzas públicas e loita contra a fraude

oposicionesA Dirección Xeral da Función Pública admitiu 553 aspirantes para participar nas oposicións a 11 novas prazas nas escalas superior e técnica de finanzas da Xunta, que permitirán reforzar eidos prioritarios coma o control das finanzas públicas e a loita contra a fraude fiscal.

As listas provisionais de persoas admitidas nestes procesos selectivos publicaranse a vindeira semana no Diario Oficial de Galicia (DOG). Ademais, a relación de admitidos poderase consultar tamén no portal web corporativo da Xunta de Galicia, así como a relación de persoas excluídas, con indicación da causa de exclusión.

Nestas oposicións, a Xunta ofertará 3 prazas para a escala superior de finanzas (subgrupo A1) e 8 prazas para a escala técnica de finanzas (subgrupo A2). Do total de prazas, tres están reservadas para a promoción interna dos empregados públicos, e no caso de que queden desertas acumularanse á quenda libre. Ademais, unha das prazas resérvase para ser cuberta por persoas con discapacidade.

En total, foron admitidas 113 persoas que aspiran a unha praza na escala superior de finanzas, e 440 persoas para a escala técnica de finanzas.

Desde o día seguinte á publicación no DOG da resolución das listas provisionais de admitidos e excluídos, as persoas interesadas disporán de dez días hábiles para presentar reclamacións.

As convocatorias dos procesos selectivos para o ingreso na escala superior de finanzas e na escala técnica de finanzas publicáronse no DOG do 22 de maio de 2015.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.