A deputada Olaia Fernández instará ao Goberno, no Congreso, a atender ao cerco galego «asfixiado polas cotas»

CercoA portavoz do BNG no Congreso presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pide á Ministra de Agricultura que atenda as demandas do sector pesqueiro de cerco galego, “asfixiado pola falla de cotas para pescar xurelo e anchoa no Cantábrico Noroeste”.

“Dada a difícil situación pola que atravesa o cerco galego, que dispór ten o Goberno a cambiar o modelo de reparto das cotas de xurelo e anchoa a fin de garantirlles a viabilidade futura ao sector pesqueiro?”, pregunta Olaia Fernández Davila á ministra.

Lembra Davila que o pasado 14 de setembro o Goberno decretou a prohibición “provisional e precautoria da captura de xurelo no Cantábrico Noroeste para os barcos con xestión conxunta de Acega, unha organización que representa á maior parte do cerco galego, uns 120 barcos”.

A deputada do BNG expón á Tejerina a crítica situación do cerco galego que “vive atenazado polas estreiteces derivadas de tanto recurte de cotas, e que está a ser vítima dun ensañamento pouco comprensíbel”. Igual que sucede con outras frotas galegas, enfatiza.

A parlamentar nacionalista salienta que o cerco “apenas ten posibilidades de pesca para as súas especies habituais. A irrisoria cota fixada para a anchoa xa a consumiron. O peche da pesquería de xurelo aínda os pón máis contra as cordas após dun verán pouco activo”. Nese sentido, lembra que o Goberno pechou a pesquería de xurelo o 2 de xullo, após de se esgotaren as 1.430 toneladas disponíbeis para este ano. Logo reabriuna o 16 de xullo após de ampliar a cota dunha parte do cupo de xurelo para 2016 que o Ministerio aínda non concretou.

Desde o 16 de xullo, o cerco contaba cun tope máximo dunha tonelada por día e barco, así como un límite de catro desembarcos semanais. Máis,nin siquera puido chegar a outubro”. Tan só pode pescar xurelo no sul de Galicia, na zona IXa, desde Fisterra até o Golfo de Cádiz, onde só consumiron o 62,24% da cota, 2.715 toneladas das 4.363 totais. A cuestión é que “moitos destes barcos non poden desprazarse a augas do Atlántico porque non están equipados para iso”.

Denuncia Davila o paradoxo de que “o sector teñan que ver situacións asombrosas como que barcos cántabros ou vascos poidan descargar no porto de A Coruña 40.000 quilos de xurelo mentras o cerco galego está cheo de limitacións”.

“Considera o Ministerio que se trata dunha situación xusta e equilibrada? Sabe que son moitas as familias que viven desta actividade? É consciente de que moitos destes barcos non poden desprazarse ao Atlántico a pescar debido a que non están adecuadamente equipados?”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.