Vigo al minuto

O luns empezan os traballos para iniciar a construción do aparcamento público do Concello preto do novo hospital

Novo-hospitalO alcalde adiantou que xa se empezaron os traballos para preparar a parcela na que o Concello vai construír un aparcadoiro gratuíto de 500 prazas no novo hospital de Vigo. Tal e como indicou, o luns comezará o desbroce do terreo e o martes, iniciarase o estudo topográfico e inmediatamente despois, licitarase o proxecto. Para aforrar tempo, indicou, desde a Xerencia de Urbanismo estase a tramitar o cambio de uso da parcela para que poida utilizada.

Abel Caballero avanzou que o goberno local xa está a traballar na procura de máis prazas e estuda posibilidades como alugar outras parcelas privadas, realizar un aparcamento en altura ou utilizar un terreo municipal no que habería que facer un importante desmonte.

O alcalde amosou, ademáis, a súa preocupación pola seguridade dos usuarios xa que aparcan os coches en zonas perigosas para evitar o pagamento “dos prezos astronómicos do aparcamento privado construído polo goberno de Feijóo”.

También te puede interesar