Vigo al minuto

Caballero repite “con máis convicción que nunca” que non recibiu regalo algún da empresa Eiriña

Abel Caballero (archivo)/Tresyuno Comunicación
Abel Caballero (archivo)/Tresyuno Comunicación

O alcalde desmentiu, de novo, ter relación algunha coa empresa Eiriña e ter recibido regalo algún da mesma. Nun comunicado, Abel Caballero subliña que reitera “de forma categórica e contundente, con máis convicción que nunca”, que non recibiu regalo algún da empresa Eiriña, nin él nin ninguén da súa contorna, nin hai constancia no Concello desa entrega. “Non recibín o reloxo ao que alude o Ministerio Fiscal, nin eu nin ninguén do meu entorno”, enfatiza.

En relación coa pluma estilográfica á que se refire o Fiscal, é a propia Unidade de Central de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) a que “amosa que non existiu tal agasallo porque foi devolto pola empresa ao comercio, e así o corrobora a propia documentación da policía”.

Abel Caballero reitera, unha vez máis, que nada ten que ver en todo este asunto e “así o teñen que saber os integrantes do poder xudicial”.

También te puede interesar