Comarcas

Ponteareas subvencionará con 2.000 € a contratación indefinida de desempregados

Q55A7362O Alcalde de Ponteareas presentou aos empresarios da localidade as bases que rexerán a convocatoria de subvencións para o fomento da contratación de traballadores en situación de desemprego. Á reunión, na que tamén estivo presente a tenente alcaldesa María Jesús Garrote, asistiron ducias de representantes de empresas, entre elas as que maior emprego crean na localidade, así como representantes das asociacións de empresarios e comerciantes.

A nova liña de axudas finánciase coa partida correspondente ao salario do alcalde ao que Represas renunciou trala súa toma de posesión. No ano 2015 a partida acada os 28.000 € xa que até o mes de xuño foi consumida polo salario do anterior rexedor, Salvador González. Xosé Represas explicou que “no vindeiro ano será, polo menos, o dobre, aínda que tentaremos aumentala máis”.

O alcalde salientou que esta é unha primeira medida, feita con premura de tempo, “que demostra que un concello pode facer moito pola economía local e pola creación de emprego. Só hai que ter a vontade política de facelo. A nosa intención é poñer en marcha a partir de 2016 novas iniciativas que contribúan á implantación de empresas e á apertura de negocios en Ponteareas”.

Con esta medida Represas indicou que “o Concello pretende incentivar e fomentar a contratación e a estabilidade no emprego”. As axudas concederanse ás empresas ou autónomos que contraten traballadores desempregados que leven empadroados en Ponteareas polo menos un ano. A contía da subvención oscilará entre os 300 e os 2.000 €, en función da estabilidade do contrato. Se este é indefinido a axuda será de 2.000 € coa obriga do empregador de manter ao traballador contratado por un período mínimo 2 anos. Con 1.000 €s apoiarase o contrato de 1 ano de duración e con 500 euros outros contratos temporais. Por último os contratos en prácticas cunha duración mínima de seis meses recibirán 300 €.

O alcalde tamén explicou que se contemplarán axudas ao autoemprego para as persoas desempregadas que poñan en marcha actividades e se den de alta como autónomos creando así o seu propio emprego.

As subvencións concederanse por rigoroso orde de solicitude até o esgotamento da partida presupostaria. O prazo para a presentación de solicitudes comezará trala publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases e rematará o 20 de decembro. Os asistentes á reunión valoraron moi positivamente a iniciativa e realizaron diferentes aportacións ao borrador de bases. O alcalde anunciou que estarán aprobadas e publicadas antes dun prazo 20 días.

Pola súa banda os empresarios amosáronse interesados en manter encontros coma o de onte para manter un diálogo fluido e frutífero co goberno local en asuntos municipais que inciden sobre a actividade empresarial.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.