Vigo al minuto

Marea de Vigo presenta unha moción para que o goberno local adique 5 millóns da liquidación do orzamento a plans de emprego

Rubén Pérez, voceiro de Marea de Vigo/Tresyuno Comunicación
Rubén Pérez, voceiro de Marea de Vigo/Tresyuno Comunicación

Marea de Vigo ven de rexistrar no Concello unha moción para que sexa debatida no príximo Pleno na que pide que se invistan 5 millóns de euros do remanante de liquidación do orzamento de 2014 a plans sociolaborais de emprego.

Segundo sinala Marea de Vigo no seu escrito, o Concello ten un remanante de máis de 51 millóns que ainda non se adxudicou e que pode ser destinada a contratar a veciños que estén en situación de desemprego.

A Marea rexeita que, “diante da situación de pobreza na que están miles de persoas” este remanante vaia para amortizar a débeda municipal posto que o primeiro problema de Vigo é o paro, que afecta a preto de 28.500 cidadáns e que o Concello ten que poñer todos os seus recursos para acabar con esta situación.

También te puede interesar