RGPD - Cookies
Galicia

Feijóo anuncia unha partida de 150 millóns para o sector leiteiro e pide aos cidadáns que consuman leite galego

Manifestación Compostela(CIG
Manifestación Compostela(CIG

O presidente do Goberno de Galicia adiantou este xoves que ven de aprobarse unha partida orzamentaria de 150 millóns para os gandeiros que veñen de ampliar as súas granxas o empezaron a traballar no leite  coa finalidade de que teñan unha moratoria nos seus préstamos os vindeiros dous anos.

Segundo o presidente Feijóo, esta medida terá a máis de 1.000 gandeiros como beneficiarios e lembrou que “estivemos, estamos e seguiremos estando co sector leiteiro” e por iso pedíulle que, se se asina un acordo este xoves en Madrid, se sumen ao mesmo.

O xefe do Executivo sinalou que é “unha inxustiza” que a baixado dos prezos do leite castigue so aos gandeiros ao tempo que pediu aos cidadáns que consuman de leite galega.

Pola súa banda, os tractores continúan en Lugo e Compostela, rodeando San Caetano, e a Ronda da Muralla. Na capital de Galicia, ás 12 e medio da mañá empezou unha manifestación que foi dende a Alameda ata a sede da Presidencia e do Goberno galego na que os gandeiros berraron a prol dunha “solución definitiva” para a súa situación.

También te puede interesar