RGPD - Cookies
Galicia

Logo de dous días parando a cidade cos seus tractores, os gandeiros fan que a conselleira de Medio Rural teña que viaxar a Lugo para falar con eles

Os tractores na Ronda da Muralla/ Foto: CIG
Os tractores na Ronda da Muralla/ Foto: CIG

Os centos de gandeiros que levan dous días rodeando cos seus tractores a Muralla de Lugo, conqueriron o seu obxectivo: a conselleira de Medio Rural viaxa á capital lucense para manter unha xuntanza con eles na delegación do Goberno de Galicia.

Este xoves, maís de mil tractores tomaron as principais rúas de Lugo nunha nova mobilización en defensa do sector lácteo que, de non haber un acordo sobre o precio do litro de leite– que agora se paga a uns 26 céntimos de euro, por baixo do custo de producción- seguirá en Compostela entre o 7 e o 10 deste mes- de luns a xoves da semana que ven- cunha protesta na que se agardan máis de 5.000 tractores nas rúas da capital de Galicia.

También te puede interesar