RGPD - Cookies
Galicia

Milleiros de gandeiros toman Lugo cos seus tractores

Sin título1Arredor de mil tractores tomaban esta mañá as principais rúas de Lugo nunha nova mobilización en defensa do sector lácteo. Pouco despois das 11 e media da mañá, os vehículos partían da explanada do campo de fútbol Anxo Carro para dar a volta á Ronda Muralla e rodear o perímetro da mesma. Pasada a 1 saía a manifestación a pé dende a Ronda até rematar no edififio multiusos da Xunta, onde o xornalista Paco Nieto foi o encargado de dar lectura ao manifesto reivindicativo. Ao mesmo tempo, o comercio e a hostalería locais sumábanse a protesta pechando as súas portas.

A marcha de Lugo serviu para «quentar os motores» antes das grandes mobilizacións programadas para a próxima semana en Compostela. Entre os días 7 e 10 de setembro, cinco mil tractores tomarán a capital galega realizando manifestación diante do Parlamento, a sede do Goberno galego e as grandes áreas comerciais. Ademais, está previsto facer repartos gratuítos de leite en diferentes puntos  en protesta polo baixo prezo que a industria paga polo leite (que non cubre os custes de produción) e a ausencia de garantías na recollida.

Sin títuloDende a Plataforma explican que o xoves 10 de setembro é a data límite fixada polo Ministerio de Agricultura para chegar a un acordo entre as partes implicadas. Porén, advirten que “de non obter algunha solución para o grave problema que atravesa o sector lácteo, anunciaremos medidas drásticas que se tomarán a partir do día 11 de setembro”. Tampouco descartan facer folga de entregas se non se chega a un acordo satisfactorio.

A este respecto, dende a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego denuncian que as administracións “non están a altura das circunstancias”, negando solucións similares ás acordadas noutros países. Así, por exemplo, en Francia, dándose un problema de prezos e rotura de mercado moito menores, si se están a adoptar medidas eficaces para solucionar o problema con carácter urxente: o goberno destinou 600 millóns de euros en axudas ao sector e  promoveu acordos coa industria e a distribución para mellorar os prezos dos gandeiros e gandeiras.

También te puede interesar