RGPD - Cookies
Comarcas

O alcalde de As Neves segue coas xestións relacionadas co novo hospital

O doutor Manuel Moreira e o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, no despacho da Alcaldía, este luns
O doutor Manuel Moreira e o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, no despacho da Alcaldía, este luns

O alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, mantivo este luns unha  xuntanza co doutor Manuel Moreira, membro da Plataforma SOS Sanidade Pública, para coñecer, de primeira man a situación do novo hospital de Vigo que pasa a ser o centro de referencia dos nevenses.

Na entrevista, o alcalde expresou o seu apoio, e o do goberno local, á Manifestación do vindeiro xoves, en Vigo, para esixir que o novo hospital sexa 100% público.

Acto con veciñosLogo da entrevista tivo lugar un acto, celebrado no propio Concello, no que o doutor Moreira explicou aos veciños a realidade do novo hospital e respostou ás súas preguntas sobre as novas publicadas os últimos días que fan referencia á paralización do traslado ao Álvaro Cunqueiro, e ás denuncias de doentes e persoal sobre o seu funcionamento.

Esta iniciativa forma parte das xestións realizadas polo goberno local de As Neves ante a derivación dos seus veciños ao novo hospital o que, segundo salientou o alcalde presenta diferentes problemas, dende a atención médica ao transporte.

Polo que atingue a este último, Xosé Manuel Rodríguez xa mantivo unha reunión con responsables da Empresa Ojea, que fai a ruta dende As Neves ao novo hospital e con directivos da Asociación de Transportistas de Galicia, para tratar sobre as liñas de conexión co Álvaro Cunqueiro, os horarios e tentar que uns e outros se adapten ás necesidades dos veciños, tendo en conta que no concello viven persoas que pola súa idade teñen maiores dificultades á hora de trasladarse a Vigo para acudir ao médico.

A esta circunstancia súmase outra: As Neves non forma parte do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo, polo cal os veciños do concello que deban desplazarse ao hospital non disfrutarán dos dereitos que teñen os veciños doutros concellos. Por iso, o rexedor ten solicitada unha entrevista co vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, para tratar deste tema que, igualmente, afecta ao resto das poboacións do Condado-Paradanta.

También te puede interesar