'Qué te cuentas?'

O xoves, venres e sábado, detrás do MARCO, ‘No Tengo Mamá’

PROGRAMACIONA segunda edición festival de artes visuais “No tengo Mamá” celebrarase os días 27, 28 e 29 de agosto-dende as 4 e media da tarde deste xoves- na cafetería Detrás do Marco e nos arredores do Museo Marco.

“No tengo Mamá”, organizado por Seara Records, pretende ser un evento centrado no universo da autoedición e todos os seus matices, con especial predilección por aquelas publicacións gráficas, obras audiovisuais e traballos musicais que escapan dos formatos e contidos habituais e que existen unicamente grazas ao interese, persistencia e peto dos seus propios creadores.

O festival contará cunha variada oferta cultural nos postos dispostos no exterior para todos os gustos e idades. Ademais, no marco do festival desenvolveranse diversos concertos, talleres ou mesas redondas. Entre eles, o terceiro certame de curtometraxes e videoclips de baixo orzamento SEARA.MOV, que este ano se engloba dentro do ‘No Tengo Mamá’ e ocupa o apartado audiovisual do mesmo, desenvolvéndose ao final de cada un dos tres días que abarca o festival. Durante estas sesións proxectaremos unha selección dos traballos que nos chegaron a concurso, e o sábado 29 se presentarán os finalistas e se anunciará o gañador.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.