Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Denuncian que a Unidade de Transplantes do novo hospital non ten habitacións que cumpran as condicións mínimas

Nuevo hospital/Tresyuno Comunicación
Nuevo hospital/Tresyuno Comunicación

Segundo denuncian os representantes dos traballadores do Área Sanitaria de Vigo, o novo hospital non cumple as condicións para asumir a Unidade de Transplantes e lembra que este martes producirase o traslado de pacientes hospitalizados do Servizo de Hematoloxía ao Álvaro Cunqueiro.

«As habitacións para o illamento destes pacientes, necesario para poder realizar os diferentes tipos de transplante, así como o seu entorno, non cumpren as condicións mínimas, nin para as condicións de traballo das e dos profesionais, nin para unha estancia confortable e nun ambiente o máis relaxado posible para as e os pacientes, nin na dotación de espazos adecuados para as e os familiares que permanecen longos períodos no Hospital».

Os representantes dos traballadores subliñan que no Servizo e Hematoloxía está a Unidade de Transplante de Proxenitores Hematopoiéticos (UTPH) que se encarga de realizar todas as modalidades de TPH en idade adulta: TPH autólogo (de células do propio paciente), TPH aloxénico de doante emparentado e non emparentado, TPH de proxenitores de Sangue de Cordón Umbilical, Infusión de Linfocitos de Donante, Extracción de Proxenitores Hematopoiéticos de Medula Osea e Sangue Periférica Autólogos ou Aloxénicos para pacientes propios e para o Rexistro de Donantes de Médula Osea (REDMO).

Ao xuizo dos traballadores, esta unidade de transplantes ten o seu futuro en risco por non terse escoitado os requirimentos das e dos profesionais no deseño e construción do Novo Hospital de Vigo.

Os profesionais da Unidade de Transplante «comunicaron á da Área Sanitaria de Vigo esta situación sen ter resposta até uns días antes de producirse o traslado, na que recoñecendo os problemas existentes ofrecen unha solución provisional que consiste en inutilizar unha das 6 habitacións de illamento para usala para paliar o déficit de infraestruturas no entorno da unidade, con esta solución, que pretende ser provisional, pérdese unha destas habitacións co que das 9 que solicitaban as e os profesionais quedarán en 5 reais».

Á vista desta dificiencia, os profesionais esixen aos responsables da Área Sanitaria que tomen as medidas necesarias para que a Unidade de Transplante de Proxenitores Hematopoiéticos (UTPH) funcione nas mellores condicións posibles e sempre tendo en conta os «as medidas provisionais postas en marcha para permitir o traslado ao Novo Hospital garantan a seguridade das e dos pacientes e que se tomen as decisións necesarias para dotar a esta unidade das condición de traballo definitivas coa maior rapidez posible».requirimentos das e dos profesionais, e que

Ademáis , o persoal tamén demanda explicacións á Consellería de Sanidade pola «súa responsabilidade nas condicións en que se atopa o Novo hospital de Vigo, que non cumpre coas expectativas nin da cidadanía nin das e dos profesionais».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.