Comarcas

Redondela licita o servizo de ‘Dinamización teatral nas parroquias’

TeatroO Concello de Redondela ven de publicar na súa web os pregos para a contratación do servicio de “Dinamización teatral nas parroquias”.

 Esta actividade xa se viña desenvolvendo en anos anteriores e coa publicación destas bases “quérese dar cumprimento ó compromiso por parte do Concello de continuar con estes grupos de dinaminación teatral nas parroquias cando menos durante outros dous anos máis”.

 Esta actividade estaba a desenvolverse en cinco grupos en diferentes parroquias, e se pretende continuar co traballo, a aprendizaxe dos diferentes tipos de traballos que envolven ó teatro, continuar facendo representacións comúns dos diferentes grupos e dar apoio a unha actividade cultural e de integración social tan importante como é a do teatro.

 Vanse por a disposición dos veciños e veciñas ate 75 prazas, e para formar grupo nas parroquias alo menos deberán formalo seis alumnos ou alumnas.

Poderán participar todas aquelas persoas que teñan afición ou simplemente que queran achegarse a esta actividade por calquera outro motivo. Non haberá idade máxima nen mínima para os participantes.

 Esta actividade está a ser desenvolvida pola Concellería de Igualdade, xa que da encaixe a tipos moi diferentes de traballo, no que cada persoa pode aportar cousas distintas e o que dá a forma final é o traballo en común, no que se integran xentes de idades dispares, capacidades diferentes e onde cada persoa pode facer aquello para o que se sinta máis capacitado.

 As sesións vanse levar adiante en colaboración cos diferentes centros culturais municipais e parroquiais onde se formen os grupos, cunha duración de duas horas semanais.

Coma novidade, estes grupos terán que preparar en común cando menos tres representacións que se incluirán na programación cultural do noso concello para “dar a coñecer este traballo ó público de Redondela, que tanto gusta do teatro”.

 Finalmente con estes grupos, amáis de que poidamos desfrutar facendo actividades vinculadas co teatro, se persiguen obxectivos moi importantes, coma favorecer o desenvolvemento integral das persoas a través da conexión artística e da súa comprensión para transformarse interior e exteriormente. Tamén crear un marco de convivencia diferente e agradable, sembrar inquietudes intelectuais e mellorar a autoconfianza, a comunicación entre as persoas , a concentración e a expresión corporal. Todo esto para potenciar a socialización e a cooperación, xa que vai ser tan importante o traballo individual coma o do propio grupo.

 Unha vez que se produza a contratación do servicio se abrirá un período de inscripción e se dará a coñecer o custe desta actividade.

 Todas as persoas interesadas en obter máis información poden chamar ó número do C.I.M. 986 408043.

También te puede interesar