Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O novo hospital carece de sinalización de evacuación e ten arredor bolardos que incumplen a lei

Bolardos-NHVCIG-Saúde denuncia o incumprimento da lei na instalación de bolardos nas beira rúas do novo hospital de Vigo. CIG-Saúde insiste na denuncia da instalación de bolardos arredor do Hospital Álvaro Cunqueiro, non so son perigosos para a cidadanía, senon que incumpren a lei en canto a este tipo de obxectos.

Exactamente están en contra da Orde VIV/561/2010, de 1 de febreiro, do Ministerio da Vivenda, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados.

bolardos NHVNo seu artigo 29 di, “os bolardos instalados nas áreas de uso peonil terán unha altura situadaentre 0,75 e 0,90 m, un ancho ou diámetro mínimo de 10 cm e un deseño redondeado e sen arestas. Serán dunha cor que contraste co pavimento en toda a peza ou, como mínimo no seu tramo superior, asegurando a súa visibilidade en horas nocturnas. Situaranse de forma aliñada, e en ningún caso invadirán o itinerario peonil accesible nin reducirán a súa anchura nos cruzamentos ou outros puntos do percorrido”.

A CIG subliña que, claramente vese o grave incumprimento da normativa xeral aplicable e máxime nunha infraestrutura dedicada a uso sanitario e con gran transito de persoas con discapacidade funcional.

A central califica de “vergonzoso” este asunto que, subliña, “so obedece a intereses privados e co consentimento do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) por aceptar e darlle o visto bo a esta instalación coas condicións actuais e sen verificar que se cumpría a legalidade”.

Ademáis, tamén denuncia a “gravidade que supón para traballadores e usuarios deste hospital a falta de sinalización de evacuación, máxime nunha infraestrutura destas características que ten a obriga de ter un Plan de Evacuación deseñado e concretado antes de por en marcha o funcionamento do hospital”. Por tal motivo, pide a paralización do traslado ao novo hospital mentres non se solucionen estas graves deficiencias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.