Vigo al minuto

Entregadas as primeiras catro vivendas da Sareb a familias en situación de emerxencia, dous delas en Vigo

Piso en Vigo
Piso en Vigo

O Instituto Galego da Vivenda e Solo xa realizou as primeiras entregas de chaves de vivendas cedidas pola SAREB e destinadas a alugueiros sociais para afectados por execucións hipotecarias, desafiuzamento por impago do alugueiro e outras situacións de emerxencia.

As catro primeiras vivendas foron entregadas, en réxime de alugueiro, a adxudicatarios de Vigo, O Porriño e Culleredo. No caso de Vigo foron dúas as vivendas entregadas.

O convenio asinado entre a Xunta e SAREB establece que a entidade cederá ao IGVS ata 100 vivendas da súa propiedade, das que 25 xa son xestionadas polo IGVS.

O Goberno de Galiciae a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb, S.A.) asinaron en marzo o convenio que permitiu a cesión destes inmobles, cunha duración de catro anos prorrogable, dentro do ‘Plan rehaVIta’, cuxo obxectivo prioritario de facilitar o acceso á vivenda e evitar situacións de risco de exclusión social.

Asemade, o IGVS asinou convenios con Abanca e Caixa Rural Galega para a cesión de 100 e 20 vivendas baleiras respectivamente, que serán destinadas aos mesmos usos que as da Sareb.

A adxudicación destes inmobles faise en condicións semellantes ás que se empregan coas vivendas de promoción pública propiedade de Galicia: en réxime de alugueiro e cunha renda mensual que en ningún caso poderá superar o 30% dos ingresos da unidade familiar adxudicataria.

150801 piso Sareb Vigo 1 (2)Os adxudicatarios das vivendas pagarán unicamente o importe do alugueiro das mesmas e os consumos que orixinen (enerxía, auga, etc.), pero non lles corresponderá aboar os gastos de comunidades e taxas ou impostos da vivenda, que serán por conta de Sareb, así como os gastos extraordinarios de mantemento da habitabilidade e reparacións das vivendas.

Pola súa parte, o IGVS farase cargo dos gastos correspondentes á obtención do certificado de eficiencia enerxética se a vivenda non dispón del, gastos de mantemento e reparacións ordinarias e de xestión e administración dos alugueiros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.