Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

A doutora Cristina Durán, pediatra da Sanidade Pública de Vigo, recibe o Premio Nacional de Neonatoloxía

A doutora Cristina Durán, pediatra do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo
A doutora Cristina Durán, pediatra do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

A pediatra do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) Cristina Durán e o seu equipo de investigación, dirixido polo xefe do servizo de Pediatría, Jose Ramón Fernández Lorenzo, veñen de recibir da Sociedade Española de Neonatoloxía o seu Premio Nacional “Carmen Pedraz 2015” por un traballo de investigación efectuado sobre bebés con restrición de crecemento intrauterino.

Segundo destaca a doutora Durán,“os nenos con restrición de crecemento intrauterino son fetos que, por causa materna, fetal ou placentaria, non acadan o seu potencial de crecemento dentro do útero, polo que teñen un peso ao nacer menor do que lle correspondería para o seu grao de xestación”.

Este traballo de investigación -efectuado en colaboración do Hospital Sant Joan de Deu de Barcelona- incide no feito de que estes nenos con restrición de crecemento teñen problemas de aprendizaxe e de memoria na idade escolar. Deste xeito, moitos nenos con restrición de crecemento dentro do útero, unha vez que nacen, experimentan o que se denomina “Catch-up” -un aumento de peso acelerado durante os seus dous primeiros anos de vida-.

O estudo supón que o “Catch-up” é un mecanismo compensatorio do metabolismo para acadar o seu peso xenético axeitado. “Nós estudamos qué efecto ten este aumento de peso acelerado a nivel da aprendizaxe e a memoria do neno” engade a investigadora.

También te puede interesar