Galicia

Os incendios activos este sábado xa arrasan máis de 250 hectáreas de monte, 150 delas na Rede Natura

HidroaviónSegundo informa Medio Rural, dende a tarde deste venres está estabilizado-ainda que segue activo- o incendio de Padrenda, que empezou preto das 2 da mañá de onte e que xa arrasou 150 hectáreas en terreos de Rede Natura. No seu control traballan 5 axentes forestais, 19 brigadas, 9 motobombas, 1 pa e 6 helicópteros.

Tamén está controlado desde o lume rexistrado no concello ourensán de Oímbra, que, segundo estimacións provisionais, queimou 190 hectáreas, e que tamén segue activo. Na extinción deste lume levan traballado 9 axentes forestais, 24 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 1 avión.

O que sí quedou extinguido preto das 9 da noite deste venres foi o de Compostela, na parroquia de Figueiras. A superficie afectada tras o seu parametrizado é de 69,53 hectáreas, das cales 52 son arboradas e 17,53 rasas. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 16 axentes forestais, 29 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 6 avións.

También te puede interesar