RGPD - Cookies
Galicia

O paro baixa en Galicia en 23.200 persoas e sitúase en 252.500 desempregados

TraballandoA 30 de xuño deste ano había en Galicia 23.200 persoas menos no paro, en relación cos tres meses anteriores, dacordo cos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) difundida este xoves polo INE. Entre marzo e xuño o número de persoas que atoparon emprego aumentou en 22.400 e o número de galegos sen traballo situouse en 252.500.

Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), no segundo trimestre de 2015 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.360.200 persoas, das cales 1.262.400 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,5%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos diminúe en 800 persoas e a taxa de actividade mantense no mesmo valor.

A ocupación no segundo trimestre de 2015 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.009.900 ocupados e, nos últimos doce meses o número de ocupados aumentou en 18.400 persoas, o que supón unha suba do 1,9% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre sobe tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns aumenta en 11.200 persoas respecto ao primeiro trimestre do ano 2015 e a ocupación das mulleres faino na mesma cifra. En termos de taxas de ocupación, isto tradúcese nun incremento da taxa de ocupación masculina de un punto e nove décimas na feminina. Con respecto ao segundo trimestre do ano 2014, o número de homes ocupados aumenta en 13.500 persoas (un 2,6%), mentres que o de mulleres ocupadas faino nun 1%.

Os datos dos sete grandes concellos, sinalan que Santiago e Lugo son os que presentan as maiores taxas de ocupación (54,9% e 51,3%, respectivamente) no segundo trimestre de 2015. Ferrol, cun 35%, é o concello coa menor taxa de ocupación. Pontevedra cun 26,1% é o concello con maior taxa de paro.

No caso de Vigo, a primeira cidade de Galicia, a 30 de xuño había 31.900 parados, a taxa de ocupación era do 46,7% e a de paro do 21,1%.

También te puede interesar