Galicia

Brigadistas maniféstanse en Compostela para denunciar a desmantelamento do servizo contra o lume

2015 07 22 ManifaDefensaServizoContraIncendiosXunta01Un milleiro de brigadistas manifestáronse este mércores en Compostela diante do edificio do Goberno de Galicia, en San Caetano, para esixir á Consellería de Medio Rural que se sente a falar para rematar co «desmantelamento» do servizo e a «precarización» dos seus postos de traballo.

Os traballadores subliñaron que, na súa situación actual, están a poñer as súas vidas en perigo, debido as deficiencias de formación e de experiencia, a falla de coordenación e o uso de material que non é o axeitado para facerlle fronte ao lume.

A semana pasada, os representantes dos brigadistas denunciaron que o Goberno de Galicia mentía no que se refie aos medios que ten para afrontar os lumes e advirtía de que o executivo está nun proceso de “desmantelamento continuo” dos servizos. Na súa opinión, os datos que adiantou o goberno Feijóo no que se refire aos dispositivos son «totalmente falsos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.